Inicio arrow Introdución arrow Servizos e instalacións
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
Servizos e instalacións Imprimir Correo-e

  • Biblioteca

A biblioteca da ETSAC pon ao servizo dos estudantes, os docentes e os investigadores vencellados á Universidade unha colección especializada en arquitectura, urbanismo e arte integrada por máis de 38.000 volumes e máis de 400 publicacións periódicas, ademais de material bibliográfico en soporte informático, ao que habería que engadir outro material como vídeos, mapas, fotografías, etc. Á marxe de todo este material, a biblioteca ofrece aos usuarios a posibilidade de acceder ás coleccións doutras bibliotecas mediante o servizo de préstamo interbibliotecario.

Ademais da custodia e a xestión da colección propia, a biblioteca funciona como un centro de información e orientación ao usuario nos recursos bibliográficos e documentais (procuras bibliográficas, manexo de catálogos e bases de datos referenciales e textuais, librarías virtuais e outros). Neste ámbito, a biblioteca cumpre tamén coa función de formar aos usuarios co obxectivo de que adquiran as habilidades necesarias para moverse coa maior autonomía dentro do mundo da información.

 

Biblioteca
 
  • Laboratorio de deseño asistido

O Laboratorio de deseño asistido (LDA) é un servizo informático que está a disposición do alumnado e o profesorado da Escola Técnica Superior de Arquitectura.

O material informático do Laboratorio está integramente a disposición de todos aqueles que acrediten a condición de usuarios.

O Laboratorio permanece aberto ininterrompidamente de 9 a 21 horas, de luns a venres, e atópase situado na quinta planta.

Ao longo do ano organízanse cursos de iniciación, ademais das clases previstas no novo Plano de Estudos.

Para acceder ao Laboratorio é necesario cumprir os seguintes requisitos:

Posuír os coñecementos suficientes para garantir a correcta utilización dos medios dispoñibles.
Acreditar a condición de usuario.
Solicitar a conexión dunha identificación (login) e un contrasinal (password), que responsabiliza ao usuario de todas as operacións que se realicen baixo a súa identificación.

Os alumnos da Universidade dá Coruña non matriculados na ETSA que desexen acceder temporalmente á condición de usuario do laboratorio deberán solicitalo por escrito na wwsecretaría da Escola.

O Laboratorio experimentou no pasado ano unha importante reforma, e ademais dotouse dunha gran cantidade de novos equipos, o cal o sitúa como un dos mellor dotados de todas as Escolas de Arquitectura de España.

DOTACIÓN ACTUAL

No momento actual, a sala de computadores dispón de 101 postos e un total de 116 conexións.

Informática

 

Informática

 

Informática

  Impresoras

3 impresoras LÁSER MONOCROMO A4
1 impresora de TINTA A3 COR
2 impresoras CANON BJ 330
2 impresoras A4 COR
1 impresora LÁSER A3 COR

Plotters

1 XEROX 2230ij COR AO
1 ROLAND A1
2 HP DESIGNJET AO
1 HP DESIGNJET A1

Escáneres

1 escáner A3
1 escáner A4
1 escáner de diapositivas


Existe un regulamento de uso do Laboratorio de Deseño Asistido que todos os usuarios deben coñecer e respectar para o bo funcionamento do servizo:

O material informático dispoñible é de libre acceso, pero o papel para as impresións debe fornecelo o usuario.

Non está permitida a impresión de traballos non relacionados coa Universidade.

O tempo de utilización dos periféricos de saída impresa e dos accesos a Internet está limitado para que poidan usalos o maior número de usuarios.

As normas de uso para a correcta utilización dos equipos prohiben instalar programas alleos ao Laboratorio, cambiar a configuración dos equipos ou mover os periféricos do seu lugar sen autorización expresa dos responsables do Laboratorio.

O uso inadecuado dos medios informáticos será sancionado coa cancelación inmediata das correspondentes autorizacións de uso.

 

[arriba]

  • Biblioteca de Materiais

A Biblioteca de materiais é un servizo que ten por obxectivo achegar ao alumnado e ao profesorado da ETSA ao mundo dos materiais da construción, dada a súa gran variedade e a súa importante repercusión no proxecto arquitectónico.

Na Biblioteca de materiais hai depositadas mostras de todo tipo de materiais e os catálogos das marcas comerciais que os fabrican, coas súas calidades, as súas características técnicas e os seus prezos.

Os alumnos e os profesores da Escola poden acceder libremente a todas as mostras e á consulta dos catálogos. Pódense retirar até tres catálogos por persoa para a súa consulta, a condición de que se demostre por medio do carné universitario a calidade de usuario.

Esta idea innovadora xurdiu dentro do Departamento de Construcións Arquitectónicas e son os alumnos da materia de Construción 3, como parte da práctica de curso, os encargados de ir aumentando os fondos tanto de mostras como de catálogos.

Alumnos voluntarios encárganse de manter aberta a Biblioteca de materiais.
 
biblioteca
 

[Arriba]

 

Título Universitario en Arquitectura de Interiores - Dpto. de Representación y Teoría Arquitectónicas Castro de Elviña s/n - 15192 A Coruña - Telf 981.167.000 ext. 5251 - Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver