Inicio arrow Estudos arrow Regulamento proxecto fin de carreira
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
  • Graduado en Arquitectura de Interiores
Regulamento do proxecto fin de carreira Imprimir Correo-e

REGULAMENTO DO PROXECTO DE FIN DE CARREIRA

Graduado en Arquitectura de Interiores A Coruña

1.- CONCEPTO

1.1.- O proxecto de fin de carreira é a proba en que se sintetizan os coñecementos adquiridos polo alumnado durante os estudos de Arquitectura de Interiores, aplicados á redacción dun traballo de investigación concretado nun proxecto de nivel profesional, entendido como un proxecto completo de arquitectura de interiores que aborda de xeito integrado todas as áreas de coñecemento profesional con concreción suficiente para permitir o seu desenvolvemento executivo. A súa superación comportará a obtención do título de graduado en Arquitectura de Interiores.

1.2.- O desenvolvemento do proxecto de fin de carreira realizarase durante o último curso da carreira, na materia do mesmo nome.

1.3.- Con independencia da constitución do tribunal establecido de acordo coa epígrafe 6 deste regulamento, contémplase a participación do Colexio Oficial de Decoradores e Deseñadores de Interior de Galicia nos actos cualificadores destes proxectos, en función dos convenios establecidos ao respecto, no seu caso.

1.4.- Así mesmo, a Dirección poderá proceder á publicación dunha mostra significativa dos proxectos de fin de carreira presentados en cada convocatoria, comprendendo casos de todos os niveis de cualificación positiva concedidos.

2.- RÉXIME DE ESTUDOS

2.1.- Poderase realizar a entrega da documentación, tanto do proxecto básico como do proxecto final, e efectuar a exposición do proxecto de fin de carreira, cando o alumno ou alumna se matricular en todas as materias que compoñen o plano de estudos, e aínda que teña pendentes de aprobar até un máximo de tres. Porén, a cualificación obtida non será efectiva até a superación de todas as materias que compoñen estes estudos.

3.- ÓRGANOS DE DOCENCIA

3.1.- Profesorado asignado ao proxecto de fin de carreira: A Dirección debe asignarlle a este o número de profesores e profesoras que dentro das súas posibilidades estime oportuno para a súa atención.

3.2.- A coordinación do proxecto de fin de carreira corresponderá á Xefatura de Estudos, que a realizará de acordo co profesorado da materia.

3.3.- Funcións do/a coordinador/a:
a. Organizar as clases do seminario do proxecto de fin de carreira.
b. Fixar as datas de presentación dos proxectos de fin de carreira en cada curso académico, tanto no que se refire á entrega do proxecto básico como da documentación definitiva. Estas datas deberán facerse públicas antes do primeiro de xuño do mesmo curso.
c. Remitirlles os proxectos de fin de carreira en cada convocatoria aos presidentes dos respectivos tribunais.

4.- ALUMNADO

4.1.- O alumnado desenvolverá o seu proxecto de fin de carreira en réxime de escolaridade para garantir a asistencia e seguimento na súa elaboración.

5.- ORGANIZACIÓN DA DOCENCIA

5.1.- Temas
Con suficiente antelación o/a profesor/a (ou profesores/as) da materia presentará e desenvolverá os contidos do tema ou dos temas do proxecto de fin de carreira cuxa docencia deberá desenvolverse durante o curso académico. A vixencia total de cada tema do proxecto de fin de carreira para a súa entrega definitiva será de dous cursos académicos como máximo, salvo situacións excepcionais que valorará a Comisión Académica logo do informe favorable do profesor ou profesora.

Todo o alumando do proxecto de fin de carreira poderán ter un/ha profesor/a titor/a.

5.2.- O proxecto de fin de carreira, na súa documentación definitiva, remitirase ao tribunal correspondente acompañado dun informe do profesor ou profesora, no seu caso, en que se reflictan convenientemente o seguimento efectuado, as posibles incidencias que tiveran lugar, e todos aqueles aspectos que se estimen relevantes de cara á súa cualificación.

6.- TRIBUNAL

6.1.- Composición dos tribunais
Cada tribunal constará de cinco membros, todos eles cunha axeitada solvencia profesional ou académica. O presidente será membro da Comisión Académica.
Cada membro do tribunal terá o seu correspondente suplente.

6.2.- A Comisión Académica será a encargada da designación de tribunais. O nomeamento será válido durante dous anos académicos.

6.3.- A Comisión Académica, na mesma sesión referida no punto anterior, nomeará os correspondentes presidentes e secretarios dos tribunais, igualmente a proposta da Dirección do Título.

6.5.- Os tribunais do proxecto de fin de carreira entenderanse constituídos coa asistencia de cando menos tres dos seus membros. Poderán solicitar os informes que consideraren necesarios, usando os medios de que dispoña o centro, e procederán á cualificación dos proxectos conforme o estipulado na alínea 7.5 do presente regulamento. Os acordos deberán tomarse coa maioría dos membros presentes. En caso de empate, farase valer o voto de calidade do presidente.

7.- PROBAS DO PROXECTO DE FIN DE CARREIRA

7.1.- En cada curso académico fixaranse tres convocatorias para a entrega do proxecto básico e tantas datas de presentación do proxecto definitivo como estableza a normativa académica vixente.

7.2.- Unha vez realizada a entrega do proxecto de fin de carreira, o secretario, de acordo co presidente, establecerá as datas da correspondente exposición pública.

7.3.- A sesión pública da proba consistirá na exposición por parte do alumno ou alumna do proxecto realizado. Esta exposición será obrigatoria, excepto en casos xustificados a xuízo do tribunal correspondente. Entre a entrega do proxecto e a sesión pública non poderá transcorrer máis dun mes.

7.4.- Unha vez concluída a exposición, os membros do tribunal poderán solicitarlle ao alumno ou alumna as aclaracións que estimar oportunas.

7.5.- O tribunal correspondente, en sesión secreta, cualificará o aspirante coa nota de matrícula de honor, sobresaliente, notable, aprobado ou suspenso, e engadirá a cualificación numérica. Esta nota constará en acta e incorporarase ao do alumno ou alumna. Coa acta elaborarase o correspondente informe das cualificacións suspensas emitidas.
No caso de que se observaren deficiencias emendables no proxecto de fin de carreira, este deberá entregarse, coas modificacións oportunas, nunha convocatoria posterior, sen superar o prazo doutro ano, salvo situacións excepcionais que valorará o tribunal correspondente.

8.- APROBACIÓN

Regulamento aprobado pola Comisión Académica, na sesión celebrada o día 4 de xuño de 2004.
Modificado pola Comisión Académica, na sesión celebrada o día 15 de decembro de 2004.

ANEXO

DOCUMENTACIÓN DO PROXECTO DE FIN DE CARREIRA

Na totalidade da documentación que cómpre entregar valorarase a claridade, precisión e concisión na presentación do proxecto.

PLANOS
Urbanización
- Localización e situación, onde se explique a relación co lugar, cos seus elementos importantes, así como os servizos urbanísticos existentes.
- Urbanización proposta. Planta e seccións necesarias.

Edificación
- Plantas
- Seccións
- Alzados
- Maqueta (voluntaria)
- Fotografías ou perspectivas
- Cotas e superficies
- Acabados, memoria de carpintaría
- Solucións construtivas (propostas, xerais e detalle)
- Planos dos esquemas das instalacións
- Xustificación da normativa básica
- Xustificación da normativa especifica do tema.

MEMORIA
- Cadro de superficies útiles e construídas
- Xustificación de ideas e criterios de proxecto
- Descritiva da solución adoptada
- Criterios e solución construtiva, acabados
- Criterios de elección e deseño das instalacións
- Anexo:  cálculo instalacións dunha parte significativa (voluntario)

Con vistas a unha posible publicación dos traballos, entregarase o día da defensa en soporte informático que conterá un resumo significativo do proxecto para ser impreso en tamaño DIN A-3 apaisado.

Esta documentación organizarase do xeito seguinte:

a) Documentación escrita

1. MEMORIA

- Memoria descritiva das características xerais da obra e xustificativas das solucións concretas adoptadas. O seu contido será suficiente para solicitar, unha vez obtido o preceptivo visado colexial, a licenza municipal e outras autorizacións administrativas necesarias.
- Memoria de oficios
- Anexo de instalacións (sen incluír cálculos)
- Anexo xustificativo do cumprimento das ordenanzas e normativas de aplicación
- Calendario de execución con detalle dos investimentos parciais por capítulos e oficios

2. PREGO DE CONDICIÓNS

- Técnicas, xerais e particulares. Estas últimas, cando menos, non poderán ser fotocopiadas de documentos preexistentes, senón expresamente redactadas para esta obra en cuestión. Para tal fin incluirán as condicións de todos os materiais que se van utilizar, as da súa posta en obra e as de recepción e aboamento.

3. MEDICIÓNS E ORZAMENTOS

- Estado de medicións, polo miúdo por capítulos e oficios
- Orzamento obtido pola aplicación de prezos unitarios de obra, desagregado por capítulos. Realizaranse prezos auxiliares e descompostos dun só capítulo do orzamento, de acordo co/a coordinador/a.
- Resumo xeral do orzamento e orzamento total da obra incluíndo o IVE
b) Documentación gráfica

4. PLANOS (as escalas son unicamente indicativas)
- Situación referida ao planeamento e localización a escala 1/1.000
- Plantas, seccións e alzados xerais do estado actual, a escala 1/100
- Plantas, seccións e alzados xerais da proposta a escala 1/100, con indicación de usos, acabados e mobiliario
- Plantas, seccións e alzados, debidamente acoutados, da proposta a escala 1/100
- Planos de detalles de elementos tipo (dormitorios, aseos etc.) e de zonas singulares a escala mínima 1/50
- Planos de detalles construtivos a escala mínima 1/20
- Planos de instalacións, mediante as series necesarias para definir completamente o saneamento, fontanaría, electricidade, calefacción e outras, pero sen as súas dimensións, a escala 1/100 ou 1/200, segundo os casos
- Deseño do mobiliario interior e exterior
- Deseño gráfico

c) Outra documentación

Toda canta información gráfica complementaria se considerar oportuna. Fotos, fotomontaxes, perspectivas lineais ou axonométricas, seccións fugadas etc., ou canta información técnica se requirir sobre materiais, elementos de dotación, xardinaría, acondicionamento, sanitarios etc.

A documentación, tanto a escrita como a gráfica, entregarase encartada nun único cartafol en formato UNE A3 con encadernación en canela ou espiral no seu lado menor. Simultaneamente entregaranse entre 2 e 6 paneis en formato UNE A1, en que o alumno ou alumna disporá verticalmente aquela documentación do proxecto, fundamentalmente gráfica, que estimar conveniente. A exposición pública poderá realizarse mediante sistemas informáticos, diapositivas etc., ou sobre os paneis UNE A1 sinalados.
 

Título Universitario en Arquitectura de Interiores - Dpto. de Representación y Teoría Arquitectónicas Castro de Elviña s/n - 15192 A Coruña - Telf 981.167.000 ext. 5251 - Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver