| | Graduado en Arquitectura de Interiores
O aumento do benestar que vén producindo na nosa sociedade desde hai varios decenios xerou unha crecente demanda social para mellorar a calidade formal da nosa contorna, tanto a nivel do sector de servizos (cafeterias, restaurantes, tendas, comercios, oficinas, etc.), como dos espazos públicos e edificios institucionais, asi como no confort das vivendas. Esta preocupación polo deseño esténdese tamén aos espazos exteriores, tanto públicos como privados, potenciando intervencións paisaxísticas cada vez máis coidadas. Todo iso repercute na necesidade que organismos oficiais, empresas e particulares teñen de mellorar as instalacións e dependencias nas que desenvolven as súas actividades, conseguindo no caso das empresas comerciais vantaxes competitivas e o aumento do valor engadido dos seus produtos en relación directa coa imaxe pública que ofrecen a través da calidade dos locais nos que se desenvolve a súa actividade. Tamén as institucións públicas e os particulares conseguen beneficios menos tanxibles pero non por iso menos importantes.
En consecuencia xorde a necesidade do desenvolvemento en profundidade dunha nova disciplina coñecida genéricamente como deseño de interiores, que só se trata marginalmente nas outras ensinos universitarios actualmente reguladas.
José Antonio Franco Taboada Director |
|